jueves, 24 de mayo de 2018

"O sabor da aventura"

   O día 23 de maio, recibimos no cole, aos compañeiros e compañeiras do Plan Proxecta.

  Nesta ocasión, o tema principal foi, a importancia do consumo do peixe e marisco nas nosas dietas.






  Faláronnos das moitas formas de comer peixe, que debemos de ser consumidores responsables, porque os produtos mariños estanse a esgotar pola sobreexplotación e a contaminación.



  De todos os xeitos, o mar é un recurso moi importante na nosa terra e, se o sabemos coidar, poden chegar a rexenerarse moitas especies.



Grazas amig@s pola charla!! 

...Ah! e polas viseiras tan bonitas!!







miércoles, 14 de diciembre de 2016

Almorzos saudables

Almorzos saudables

A inclusión do almorzo saudable asociouse cun maior equilibrio na nosa dieta e un mellor rendemento físico e intelectual. Ademais axuda a conseguir unha correcta distribución das calorías ao longo do día e desta forma a un mellor mantemento do peso.

É recomendable distribuír a inxesta calórica en cinco comidas ao día (almorzo, media mañá, comida, merenda e cea).

O almorzo debe ser unha das 3 comidas principais do día, xa que os nenos e nenas levan unhas dez horas sen tomar alimentos. Unha inxesta insuficiente neste momento desestabiliza as sucesivas comidas ao longo do día. Do 20 ao 30% de todas as calorías que inxerimos ao día, deberían ser achegadas polo almorzo.

Cada mañá, tras un xaxún de 10-12 horas, necesitamos enerxía e nutrientes para cubrir as necesidades nutricionais diarias e afrontar as actividades que nos depara a xornada.

A achega enerxético-calórica do almorzo é de gran importancia, xa que nos permitirá lograr un adecuado rendemento tanto físico como intelectual nas tarefas escolares.

O almorzo é particularmente importante nas primeiras etapas da vida. Os nenos e nenas que non almorzan teñen un menor rendemento escolar, posiblemente pola falta de glucosa que é o principal substrato para a actividade cerebral.

http://xenteconvida.sergas.es/Paginas/Articulo/cat/3/art/23/proposta-para-un-almorzo-saudable